Saltar ao contido

Antoine Pevsner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSepultura de Anton Pevsner en St. Geneviève des Bois
Nome orixinal(fr) Antoine Pevsner Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1884 Editar o valor en Wikidata
Klimavičy (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1962 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
17º distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín (1922–1923)
Moscova (1917–1921)
Oslo (1914–1918)
París (1911–1962)
Rusia (1902–1911) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, pintor, debuxante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte cinética Editar o valor en Wikidata
MovementoArte abstracta Editar o valor en Wikidata
RepresentanteSociété des auteurs dans les arts graphiques et plastiques (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsNaum Gabo
Alexei Pevsner Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteThe Art of The Countries and Peoples of The World. Tome 5 (en) Traducir, (sec:Франция, p.208) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1794521 Musicbrainz: f21c9d12-1d77-4125-8f38-c9152ca2d00b Find a Grave: 23693192 Editar o valor en Wikidata

Antoine Pevsner, nado Anton Pevsnert, en Klímavichy, Imperio Ruso, (hoxe Belarús), en 1888, e finado en 1962, foi un escultor de orixe rusa.

Escultura de Pevsner na Cidade Universitaria de Caracas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de enxeñeiro de orixes asquenacís, recibe, xunto co seu irmán Naum Gabo, unha primeira formación científica que lle achega o espírito de investigación no que basea toda a súa obra. O seu irmán Naum, tamés escultor, mudou o apelido para evitar ser confundido con el.

En 1911, Antoine Pevsner abandona a Academia de Belas Artes de San Petersburgo e viaxa a París, onde admira os traballos de Delaunay, Gleizes, Metzinger e Léger.

Nunha segunda visita a París en 1913, coñece a Modigliani e a Oleksandr Arjípenko, que estimulan o seu interese cara ao cubismo. Nese mesmo ano ve a exposición de Umberto Boccioni sobre construcións arquitectónicas, que lle interesa profundamente.

Pasa os anos da guerra co seu irmán en Oslo, alí durante dous anos dixiren xuntos todas as súas experiencias e desenvolven a arte que máis tarde chamarían Construtivismo. Pódese supor que Pevsner achegou o seu coñecemento sobre técnicas artísticas e Naum a súa aproximación científica aos materiais e á forma. Durante a súa formación como médico, Naum aprendera a facer construcións tridimensionais para ilustrar fórmulas matemáticas, de modo que o que xurdiu foi a fusión dunha visión artística e un método científico.

Volve a Rusia en 1917 para ensinar, con Kandinsky e Malévich, na Academia de Belas Artes de Moscova.

En 1920, Pevsner e Gabo publican o Manifesto Realista, onde afirman que a arte ten un valor absolutamente independente e unha función que desempeñar na sociedade, xa sexa capitalista, socialista ou comunista, deixando clara a súa postura fronte ao suprematismo; enuncian neste manifesto a súa idea do constructivismo e tratan de traducir os seus conceptos dunha realidade absoluta e esencial, na realización das súas percepcións do mundo, nas formas de espazo e tempo. Dan forma ao espazo por medio da profundidade máis que polo volume e rexeitan a masa como base da escultura.

"As construcións plásticas de Pevsner e de Gabo, non son exactamente esculturas, porque implican a intención de anular o concepto de escultura como disciplina tradicionalmente definida por uns procedementos, finalidades e materiais. Aínda máis, négase a escultura como forma pechada que interrompe a continuidade do espazo e defíneo en relación a si mesma, como baleiro oposto á plenitude" (Argan).

As súas obras están presentes na exposición Erste russische Kunst Ausstellung, na galería Van Diemen de Berlín, en 1922. Ao ano seguinte visita Berlín onde coñece a Marcel Duchamp e a Catherine Dreier. A partir do seu encontro con Duchamp, abandona a pintura e envórcase na escultura construtivista.

Escultura de Antoine Pevsner na Haia, Países Baixos.

En 1923, instálase en París, obtendo a cidadanía francesa en 1930.

En 1926, as súas obras están incluídas nunha exposición na Little Review Gallery de Nova York. Xunto con Gabo, deseña a escenografía para o ballet 'La Chatte' (A gata) de Georges Balanchine con música de Henri Sauguet, producido por Serguéi Diáguilev. En París, os dous irmáns están á cabeza do grupo construtivista Abstracción-Creación, un grupo de artistas que representan diversas correntes da arte abstracta. Nos anos trinta, as obras de Pevsner móstranse en Ámsterdam, Basilea, Londres, Nova York e Chicago.

No mesmo ano, a galería René Drouin de París organiza a súa primeira exposición individual. En 1948 o Museo de Arte Moderna de Nova York presenta a exposición Gabo-Pevsner e en 1952 o artista participa na Chef-d'ouvres du XX Siècle, promovida polo Museo Nacional de Arte Moderna de París.

En 1957, o mesmo museo dedícalle unha exposición individual.

En 1958, está presente na Bienal de Venecia, no pavillón francés.

Morre en París o 12 de abril de 1962.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]